InicioVal MiñorGondomarBuscan fondos para construír un gran espazo cultural no monte de Gondomar

Buscan fondos para construír un gran espazo cultural no monte de Gondomar

O proxecto implicaría habilitar 40.000 metros cadrados de monte para presentacións literarias, xornadas de cinema e outras actividades culturais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha área boscosa de 40.000 metros cadrados como espazo cultural. Ese é o proxecto que veñen de presentar dende a Comunidade de Montes de Man Común de Couso en vinculación cooperativa coa Asociación Verdeval e para a que buscan fondos. O obxectivo destas dúas agrupacións pasa por trocar esta zona verde situada na zona das Rasas,dentro da Parroquia de Couso, en Gondomar nun punto de encontro para desenvolver xornadas literarias e artísticas. 

O obxectivo pasa por conformar un enclave para gozar de propostas lúdicas “en equilibrio coa natureza” que tamén pretende fomentar a cultura medioambiental, “aberta ás persoas e a humanidade”, co fin de preservar a conservación da natureza, de difundir e vivenciar o patrimonio cultural galego a través da súa lingua.

De aí que as xornadas que se pretendan acoller vaian dende a presentación de libros a recitais poéticos, concertos, campamentos e “cine ambiental”. O proxecto debúxase como un espazo aberto a institucións e centros educativos pero que precisa de “importantes recursos humanos, materiais ou económicos” para chegar a porto. 

“Preténdese dar unha especial vida ao Parque de xogos pensado para as novas xeracións, onde se contemplan elementos tan singulares ou especiais como: a asemblea de tocóns , bancos de madeira, mesas cubiles, conxuntos de troncos, cociña-laboratorio, mesas de experimentación, hotel de bichos, casiña, mámoa túnel, camiño de troncos, casiña triangular, asemblea de troncos, metelófono, pasarela…”, destacan dende as asociacións impulsoras do proxecto.

Estas estiman en 21.655,00 € o orzamento necesario para poñer en marcha o proxecto: uns fondos para os que veñen de poñer en marcha un crowfunding participativo aberto á sociedade que contén un abano amplio de modalidades de achegas personais que van desde os 10€ ata os 300. Cada modalidade, destacan os impulsores, inclúe un paquete de servizos ou dereitos, dende os 10€ que garanten a entrada a un concerto de música tradicional e unha mención no bosque da língua aos 300 que mesmo achegan botes de mermelada e outras lembranzas no parque. Todas as posibilidades poden ser consultadas na web da campaña.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...