InicioVigo e contornaVigoUn camión do lixo atropela un ciclista en Nigrán

Un camión do lixo atropela un ciclista en Nigrán

Descoñécese a gravidade das feridas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de catro ciclistas resultaron feridos en diferentes atropelos e caídas ocorridos en Galicia na mañá desta xornada de luns, segundo informa o 112. En concreto, un ciclista foi atropelado en Nigrán por un camión do lixo. Os feitos sucederon ás 9,15 horas na rúa Canido. Un particular deu aviso do sucedido, nun sinistro no cal o ferido necesitou asistencia sanitaria.

Xa en Ferrol, unha persoa foi testemuña dun atropelo a un ciclista na incorporación da Avenida Esteiro á Avenida das Pías. Sobre as 9,45 horas, solicitaba asistencia para o ferido, que se atopaba consciente.

Pola súa banda, un dos integrantes dun grupo de ciclistas resultou ferido de consideración ao sufrir unha caída cando circulaban pola EP-6303, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Agolada. O home necesitou ser evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a bordo do helicóptero medicalizado.

Este suceso produciuse sobre as 10,45 horas, cando circulaban pola estrada que une Brantega con Toiriz. Tamén se pediu a colaboración dos Bombeiros do Deza, GES de Lalín e axentes da Garda Civil de Tráfico, entre outros medios.

Paralelamente, esta accidentada mañá de 15 de agosto para ciclistas galegos complétase con outro ferido por unha caída en Sarria, na rúa do Camiño Francés, sobre as 11,15 horas. A consecuencia do golpe, o ferido tivo que ser trasladado en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...