InicioVal MiñorBaionaO PP de Baiona quéixase por que Quico Cadaval fixese un monólogo...

O PP de Baiona quéixase por que Quico Cadaval fixese un monólogo en galego “no es de recibo que en verano se haga en nuestro dialecto”

Os populares tiveron que enmendar a nota e pedir desculpas por referirse ao galego como un "dialecto"

PUBLICADO O

O PP de Baiona volve chocar frontalmente co uso do idioma propio de Galicia en Galicia.

No día de onte os populares baioneses cargaron tintas nun comunicado de prensa en redes, contra a concelleira de Cultura por contratar, dentro da programación cultural de Baiona, a actuación de Quico Cadaval para dar un monólogo na praza do concello.

“El PP de Baiona lamenta la falta de respeto que la concejala de Cultura tuvo ayer con el público que asistió al monólogo del humorista Quico Cadaval en la Plaza del Concello al decidir que se hiciese en gallego y no en castellano para permitir que los asistentes, una gran mayoría residentes de segunda vivienda en nuestra localidad procedentes de diferentes puntos de España, pudiesen entenderlo y no se sintiesen discriminados. Tanto la presentación de la actuación, que realizó la propia titular de Cultura, como el monólogo, fueron en gallego.”

Os populares de Baiona agregan que o uso do idioma galego “es para otra época del año”

En otra época del año sí se pueda optar por nuestro dialecto, no es de recibo que se haga en pleno verano, la época de mayor afluencia turística”. Asistentes al monólogo de ayer en la Plaza del Concello trasladaron sus quejas al grupo municipal popular. Siempre se hizo en castellano como un gesto de cortesía a los visitantes, que suelen acudir como público a estos eventos culturales”, manifiestan no mesmo comunicado que tiveron que correxir logo do lapsus linguae de chamar dialecto ao idioma propio de Galicia.

A crítica non deixa de ser sorprente dado que Baiona foi o berce do máis importante contacontos da historia de Galicia e en galego, José Rodríguez de Vicente (Joselín), que chegou a alcalde da Vila.

Valentín Paz-Andrade escribía sobre Joselín, que “despois de pasados varios lustros da morte na emigración, a memoria de Joselín en Galiza mantense avivecida. O lembrar das súas recitacións non esmoreceu. Sobre as cinzas do home, da captivante simpatía e lucidora intelixencia, amador e defensor da súa Terra como quen máis, mantense ergueita a súa obra. Non somentes polos valores psicolóxicos que contén, pola gracia e a sorna, polo conto e o xeito de contar… Tambén pola lingua que axudou a soerguer i espallar, a ennobrecer e difundir en auditorios masivos, non sempre por distinto meio abordables”.

E precisamente Quico Cadaval xunto a Celso Fdez. Sanmartín e José Luis Gutiérrez “Guti” sacaban á palestra un espectáculo en 2014 rescatando os contos do ilustre contacontos baionés.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...