InicioMedio Ambiente e PatrimonioUnha "caca" flotante, a orixinal denuncia pola contaminación na Marisma do Val...

Unha “caca” flotante, a orixinal denuncia pola contaminación na Marisma do Val Miñor

As causas desta situación están vinculadas á contaminación das augas e afectan a os tres concellos do Val Miñor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Colectiva Eco-artística Riquiñas en Acción decidiu lanzar unha escultura dunha caca xigante cerca da Ponte de Ramallosa, punto de encontro dos tres concellos do Val do Miñor para chamar a atención sobre o estado da Marisma de Foz. Esta iniciativa coincide con 50 aniversario do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado este luns 5 de xuño. A caca xigante conta cunha pancarta que di: “A marisma da Foz é unha cloaca“.

As causas desta contaminación da auga está na Estación Depuradora de Augas Residuais de Gondomar, que recibe un caudal de augas fecais e pluviais que superan a capacidade da instalación e producen desbordamentos que acaban no río, na marisma e no mar. Esto provoca que, no que tempo atrás foi unha zona de traballo para as mariscadora, agora so sirva para recoller cebo.

A caca está fabricada nun 99% con materiais biodegradables e foi deseñada por diferentes artistas que buscan a reflexión e complicidade da cidadanía a través destas accións. “Esta obra é unha chamada de atención aos nosos gobernantes, un xeito de facerlles ver as nosas preocupacións da man da arte. Compre que tomen partido e busquen unha solución conxunta e responsable”, comenta un membro da Colectiva RAKA que piden a colaboración cidadá para a difusión da imaxe da obra nas redes sociais con #recuperaramarisma #raka_accion #diamundialdelmedioambiente.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...