InicioSucesosEstafadas 70 persoas con contratos de luz e gas falsos en Vigo

Estafadas 70 persoas con contratos de luz e gas falsos en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a unha muller e un home como autores de máis de 70 estafas cometidas a través do método de altas na contratación na subministración de luz e gas e un delito falsidade documental, ao utilizar datos doutras persoas na tramitación dos contratos.

Segundo informaron fontes policiais, o ‘modus operandi’ empregado consistía en que un dos imputados obtiña os datos persoais das futuras vítimas para, a continuación, facer entrega dos mesmos ao seu cómplice, quen se encargaba de formalizar os contratos de auga e luz, aproveitándose do seu traballo nunha empresa encargada da captación de novos clientes para unha empresa comercializadora de enerxía, e así obter un beneficio económico.

As investigacións da Policía Nacional permitiron identificar e deter aos dous autores que lograron un beneficio económico de máis de 30.000 tras cometer máis de setenta estafas.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...