InicioSucesosDous atropelados en Vigo en menos de seis minutos

Dous atropelados en Vigo en menos de seis minutos

O 112 Galicia informou de que na mañá deste venres rexistráronse dous atropelos na cidade de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 112 Galicia informou de que na mañá deste venres rexistráronse dous atropelos na cidade de Vigo. O primeiro deles produciuse ás 10,18 horas na Rúa Zamora, á altura do número 37. Segundo informou o 112, foi un particular quen deu o aviso de que unha persoa se atopaba ferida. Por iso, desprazáronse ata o lugar os servizos sanitarios así como axentes da Policía Local de Vigo.

Ademais, apenas seis minutos despois, ás 10,24 horas, o 112 recibiu a chamada dun particular que informaba que, na subida da Madroa, á altura do número 22, golpeara co seu vehículo a unha persoa no pé. Por iso, mobilizáronse ata a zona os servizos sanitarios e efectivos da Policía Local de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...