InicioVal MiñorBaionaExcarceran a un condutor tras envorcar o seu coche en Baiona

Excarceran a un condutor tras envorcar o seu coche en Baiona

Aconteceu sobre as 3 da madrugada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un condutor necesitou ser excarcerado polos bombeiros tras envorcar o seu coche ás 3,30 horas da madrugada deste xoves no municipio pontevedrés de Baiona, na rúa Pardanela.

O 112 Galicia foi informado, polo sistema de aviso de emerxencia integrado no coche implicado, dun sinistro con dúas persoas afectadas, que nun primeiro momento non contestaban e parecían estar atrapadas. Momentos despois, un particular confirmaba o accidente e indicaba á central de Emerxencias de Galicia que era un dos ocupantes o que non podía abandonar o vehículo polos seus propios medios, e da necesidade de asistencia sanitaria urxente. O outro ocupante non estaba atrapado.

Tras ter constancia do accidente, o 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Porriño e aos de Vigo, ao GES de Val Miñor, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local de Baiona. Foron os Bombeiros de Porriño e de Vigo, así como o GES de Val Miñor, os encargados da excarceración do condutor do vehículo, que foi finalmente trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A continuación, solicitouse a intervención dos servizos de mantemento da estrada a fin de restablecer o tráfico coa maior celeridade.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...