InicioSucesosXunta e Porto atacan a Caballero polo accidente do Marisquiño

Xunta e Porto atacan a Caballero polo accidente do Marisquiño

Rueda di que foi o goberno vigués o que deu os permisos e López Veiga que a inspección tamén era competencia do concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta e Porto de Vigo, entidades que controla o PP, volveron este martes a atacar ao concello tras o accidente no último concerto do Marisquiño. O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda (PP), criticou este martes ao alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, polas súas declaracións.

“Creo que pornos a discutir sobre quen era o titular dos terreos, como esta facendo o alcalde de Vigo, é desviar a atención do fundamental, que é se se podía ou non autorizar un evento como o que tivo lugar o domingo pola noite na zona onde tivo lugar”, dixo nunha entrevista na SER.

Neste sentido, indicou que é o Concello o que “podía dicir que non se celebrase a actividade e dixo que si”, ao conceder a licenza aos organizadores do evento. Por tanto, cre que o importante é saber se o Consistorio fixo as comprobacións necesarias no lugar para concluír que “para os miles de persoas que se prevé” que acudan ao festival, “esta actividade é segura neste lugar”.

Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga –tamén ex conselleiro do PP–, insistiu este martes en que a inspección da zona do porto que se derrubou a madrugada do luns correspondía ao organizador e ao Concello de Vigo.

“Creo que o importante é investigar o que pasou e repartir responsabilidades. É evidente que tamén a teñen os propios organizadores, o único que fai o porto é pór o terreo, quen ten que inspeccionar se as zonas son aptas para o acto é tanto o organizador como as autoridades municipais”, dixo nunha entrevista en Onda Cero.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...