InicioSucesosRescatado un menor tras quedar atrapado nunha zona rochosa no dique do...

Rescatado un menor tras quedar atrapado nunha zona rochosa no dique do porto da Guarda

O rapaz foi atopado "consciente e ileso".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos do GES do municipio da Guarda rescataron na noite deste pasado luns a un menor que quedou atrapado entre as rochas no dique do porto desta localidade.

Así o informou o 112 Galicia, que indicou que segundo a información recollida, o menor, que se atopaba sobre un dique de formigón de catros metros de altura, foi rescatado “consciente e ileso”. O 112 Galicia tivo coñecemento da situación deste menor a través de axentes da Garda Civil sobre as 21,30 horas da noite deste pasado luns.

Despois de recibir o aviso, por parte do CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES da Guarda. Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario da PAC da zona que atendeu ao menor e resolveu a asistencia no punto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...