InicioSucesosDetidos os 'Bonnie & Clyde' de Vigo

Detidos os ‘Bonnie & Clyde’ de Vigo

A parella mostraba unha actitude violenta e agresiva nos seus roubos, e chegou a proferir ameazas de morte contra as persoas que tentaron evitar a súa fuxida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un home e a unha muller pola suposta comisión de tres roubos con violencia e intimidación en establecementos situados en Vigo.

Fontes policiais detallaron que nos últimos meses se observou un aumento dos delitos de furto cometidos. Así, mediante unha investigación levada a cabo pola Policía Xudicial, comprobouse que un home e unha muller estaban implicados en todos estes casos –coma unha sorte de ‘Bonnie & Clyde–, nos que actuaron de modo coordinado para subtraer diñeiro e efectos aproveitando descoidos en locais comerciais.

Ademais, este home e esta muller causaron agresións físicas e danos materiais ao ser sorprendidos durante a comisión dalgúns furtos por parte dos responsables dos locais. De feito, mostraron unha actitude violenta e agresiva e chegaron a proferir ameazas de morte contra as persoas que tentaron evitar a súa fuxida.

Tras comprobar as descricións facilitadas polas vítimas e testemuñas, os policías identificaron como presuntos autores dos feitos a un home e unha muller coñecidos por estar implicados en anteriores intervencións.

Tamén se comprobou que os denunciantes coincidiron ao identificar o modo de actuación destas persoas e recoñecéronas tras a súa detención. Adicionalmente, descubriuse que a muller fora detida o pasado mes de xullo como presunta autora de varios furtos en distintas zonas da cidade e repasáronse feitos similares denunciados nos últimos meses cuxos autores foran identificados para esclarecelos e imputarllos aos detidos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...