InicioSucesosDetidos tres mozos por roubarlle unhas zapatillas deportivas a outro de 13...

Detidos tres mozos por roubarlle unhas zapatillas deportivas a outro de 13 anos en Vigo

Os menores golpearon ao neno para levarlle as zapatillas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un terceiro novo en relación á agresión a un menor de 13 anos para subtraerlle as zapatillas deportivas que levaba postas.

Diso informaron fontes policiais, que recuerdaron que por estes feitos xa foran arrestados dous mozos de 15 e 16 anos. En concreto, o suceso ocorreu o pasado 13 de xaneiro, cando a vítima, un neno de 13 anos, se dirixía a unha parada de autobús preto da igrexa ‘dos Picos’, e foi abordado por dous mozos.

Un dos mozos pediulle diñeiro e preguntoulle se tiña teléfono móbil, á vez que o outro lle dicía que quería as súas zapatillas. Ante a negativa da vítima a entregarlles nada, un dos sospeitosos propinoulle unha forte puñada na cara, que lle fixo caer ao chan.

Aproveitando que o neno fora derrubado, o outro mozo sacoulle as zapatillas e ambos os asaltantes fuxiron do lugar á carreira. A vítima tentou seguilos pero non foi capaz de alcanzalos e pediu axuda a outros mozos para chamar á súa casa e pedir que o fosen a buscar.

As pescudas da Policía permitiron identificar os sospeitosos do ataque, que foron localizados e detidos o pasado venres pola tarde. Unha vez trasladados a Comisaría, tomóuselles declaración e foron entregados aos seus respectivos proxenitores. As dilixencias foron postas a disposición do xulgado de instrución de garda de Vigo e da Fiscalía de Menores de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Un xulgado de Vigo avala a saída de sete tendas galegas da Cash Converters en 2022

O xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou as dúas...