InicioSucesosAsí liberaron os bombeiros a un galgo que foi atropelado en Vigo...

Así liberaron os bombeiros a un galgo que foi atropelado en Vigo e quedou atrapado baixo o vehículo

PUBLICADO O

Os bombeiros de Vigo, en coordinación coa Policía Local, liberaron a un galgo que se atopaba atrapado baixo un vehículo que o atropelou, despois de que o animal escapase da súa dona para cruzar a calzada en persecución doutro can.

Segundo informaron fontes da Policía Local, os feitos ocorreron ao mediodía do pasado martes, cando un particular chamou ao 092 para alertar de que un can se atopaba atrapado baixo un coche na rúa Porto Rico.

Varios transeúntes tentaran sen éxito liberar ao galgo, polo que os axentes solicitaron a presenza dunha dotación de bombeiros. Así, con axuda dun gato hidráulico, puideron elevar o turismo e soltar ao can, que tiña unha pata enganchada nun tubo nos baixos do vehículo.

A dona do animal explicou aos axentes que o can fuxiulle, liberándose do colar e cruzando a estrada ao ver a outro can. Así, resultou atropelado por un coche conducido por outra muller, que non o puido esquivar e golpeouno, quedando atrapado baixo o turismo. O animal, tras ser liberado, foi trasladado a unha clínica veterinaria pola súa dona, con danos visibles nunha pata.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...