InicioSucesosFalece un ciclista de 53 anos que circulaba por Redondela

Falece un ciclista de 53 anos que circulaba por Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 53 anos faleceu este domingo cando rodaba coa súa bicicleta polo municipio pontevedrés de Redondela, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Policía Local.

A bicicleta non presentaba indicios de sufrir un accidente, polo que se baralla que o home puido falecer por causas naturais.

O incidente produciuse ao fío das 13,00 horas deste domingo na zona de ‘Chan das Pipas’ en Saxamonde. Logo de recibir o aviso, até o punto desprazáronse efectivos da Policía Local e Protección Civil.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...