InicioSucesosCinco hospitalizados por inhalar gas nunha fuga nun garaxe de Vigo

Cinco hospitalizados por inhalar gas nunha fuga nun garaxe de Vigo

Ocorreu na rúa de Fernando Conde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de cinco persoas resultaron afectadas por inhalación de gas nunha fuga nun garaxe dun edificio de Vigo e foron trasladadas polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

O Centro Integrado de Atención as Emerxencias 112 Galicia tivo constancia do suceso as 17,45 horas deste luns. Nese momento, os membros de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaban aos xestores do 112 a colaboración dos bombeiros na rúa de Fernando Conde, en Vigo.

Indicaban que no garaxe do edificio varias persoas presentaban náuseas e vómitos, e mesmo que unha delas perdera o coñecemento.

O 112 alertou aos Bombeiros de Pontevedra e aos axentes da Policía Nacional e Local. Tamén informaron os voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa intervención. Tras chegar ao lugar, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento comunicaron ao 112 Galicia que as lecturas de gas foron positivas polo que procederon a ventilar a instalación.

Finalmente, o persoal sanitario confirmou que cinco persoas foron trasladadas por culpa da inhalación de gas.

ÚLTIMAS

Así operaba unha organización internacional de tráfico de armas detectada en Peinador

A detención en outubro de 2025 dun pasaxeiro no aeroporto vigués de Peinador, tras...

A Acampada de Vigo pide a Xunta e Concello solución habitacional para 10 persoas que pasan a noite na Alameda

A Acampada pola Vivenda de Vigo dirixiuse ao Concello e á Xunta para solicitar...

Vigo porá límites ao tráfico este Nadal para evitar atascos, con 12 días de máxima afluencia

O Concello de Vigo monitorizará de forma "continua" a afluencia de tráfico e de...

Pepe Álvarez participará este luns en Vigo nunha concentración en condena ao ataque sufrido na sede de UXT

O secretario xeral da UGT, Pepe Álvarez, participará este luns en Vigo nunha concentración...