InicioSucesosAparecen 11 quilos de centolla no Porto de Baiona sen que ninguén...

Aparecen 11 quilos de centolla no Porto de Baiona sen que ninguén saiba a súa procedencia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil interveu uns 40 quilos de peixe e marisco extraídos de forma ilegal nun operativo realizado este fin de semana en Baiona (Pontevedra) contra o furtivismo.

Segundo informou o Instituto Armado, as actuacións levadas a cabo de forma coordinada polas Patrullas do Seprona da Garda Civil do Porriño e Vigo co obxecto de previr o furtivismo na pesca e o marisqueo, centráronse o pasado sábado na zona de Baiona e saldáronse coa incautación de algo máis de 15 quilos de centolla e 18 quilos de peixe de distintas especies.

A primeira incautación produciuse cando o dispositivo interceptou un vehículo particular no centro urbano de Baiona, onde se interviñeron algo máis de catro quilos de centolla e 17,85 quilos de peixe de distintas especies –maragota, sargo, raia, abadexo e xurelo–, que circulaba sen ningún tipo de documentación, sen pasar pola lonxa.

Pola súa banda, o vehículo “tampouco reunía as condicións técnicas sanitarias para o transporte deste tipo de mercadoría“, destacaron as mesmas fontes.

Nunha actuación posterior interviñéronse outros 11 quilos de centolla que se localizaron depositadas nas inmediacións do recinto portuario, nun lugar onde non había ninguén ao seu cargo, pero resultaron “infrutuosas”, asegurou a Benemérita, as xestións que se realizaron para localizar á persoa responsable das súas capturas.

Como resultado das incautacións, formuláronse senllas denuncias administrativas que se remitiron á Consellería do Mar da Xunta e, tanto o marisco como o peixe comisado, entregouse baixo recibo nun centro social da zona.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...