InicioSucesosPrisión provisional para un home por saltarse o confinamento tras abandonar un...

Prisión provisional para un home por saltarse o confinamento tras abandonar un albergue social en Vigo

Trátase dun home de 64 anos detido en Cangas e que xa fora sancionado en varias ocasións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo este mércores en Cangas un home de 64 anos sen domicilio fixo que abandonou un albergue social de Vigo e que xa fora sancionado e detido en ocasións anteriores por saltarse o confinamento. Tras ser posto a disposición xudicial, permanece en prisión provisional comunicada e sen fianza.

Segundo informa o Instituto Armado, o home foi interceptado por última vez este mércores, cando deambulaba errante pola parroquia de Darbo, pero xa fora avistado na vía pública en catro ocasións anteriores.

En concreto, foi sancionado administrativamente os días 4, 6 e 10 de abril, ata que o día 12, o pasado domingo, foi detido por primeira vez por estar na rúa sen xustificación, tras o cal foi condenado a catro meses de prisión en xuízo rápido.

A Garda Civil explica que a detención do mércores se debe á “súa pertinaz actitude de desobediencia” ás restricións de mobilidade derivadas do estado de alarma, o que lle levou a abandonar “de forma voluntaria” o albergue que lle proporcionaron os servizos sociais de Vigo.

Ademais, como esta persoa “viña desobedecendo reiteradamente as ordes dos axentes da autoridade” con condutas “en ocasións ofensivas”, procedeuse novamente á súa detención como suposto autor dun delito de desobediencia grave á autoridade.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...