InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG de Vigo propón converter o Ifevi nun recinto de grandes...

O BNG de Vigo propón converter o Ifevi nun recinto de grandes concertos para salvar o bosque de Navia

Xabier P. Igrexas cualifica de "delirante" o proxecto do Vigo Area e aposta por modernizar as instalacións feirais, ás que considera "infrautilizadas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo puxo sobre a mesa unha alternativa para que a cidade poida acoller grandes eventos musicais e artísticos sen necesidade de novas construcións. A formación nacionalista propón mellorar e modernizar o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para adaptalo a este fin, o que permitiría rexeitar de forma definitiva o proxecto do Vigo Arena. Segundo o Bloque, este último supoñería a destrución de 25.000 metros cadrados de bosque na zona de Navia, un espazo natural que consideran de enorme valor ambiental.

O portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, anunciou que trasladarán esta proposta ao padroado do Ifevi para que se incorpore ao seu plan estratéxico. A intención é aproveitar o “potencial” dunhas instalacións que hoxe están “infrautilizadas en gran medida” e poñelas a punto tecnicamente para o circuíto de concertos de gran formato. Deste xeito, o Bloque busca optimizar os recursos públicos existentes fronte á idea de levantar un novo recinto que cualifican de innecesario.

Igrexas foi especialmente crítico coa postura do Goberno local, afirmando que Vigo non necesita dilapidar cartos en construír o que definiu como un “mausoleo do alcalde” ou unha sorte de “Cidade da Cultura en Navia”. Para o nacionalista, a modernización do Ifevi é a vía máis eficiente e sostible para garantir que a cidade conte cun espazo pechado de referencia sen sacrificar o patrimonio natural da contorna de Navia.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe o fin das incidencias “diarias” no tren tras o peche de Guixar

O BNG de Vigo esixiu a Renfe e a Adif que poñan fin "de...

Caballero estala contra a Xunta polos voos de Vigo: ve unha “burla” ofrecer promoción sen garantir rutas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha “burla” a proposta...

Ferida grave unha nena de 10 anos tras caer desde o balcón da súa vivenda en Vigo

Unha menor de 10 anos resultou ferida grave na noite deste pasado xoves tras...

Detido en Vigo tras agredir a varias persoas con tres coitelos e tentar acoitelar a un policía

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 46 anos, identificado como...