InicioSucesosDetido en Vigo un home tras atracar un banco na zona do...

Detido en Vigo un home tras atracar un banco na zona do Berbés

Os axentes esperaron no exterior da sucursal bancaria para evitar que o ladrón tomase algunha persoa de refén

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este mércores en Vigo a un home de 35 anos de idade, nacionalidade española e con domicilio na localidade pontevedresa de Cangas por un delito de roubo con violencia despois de atracar un banco da zona do Berbés.

Os feitos tiveron lugar á primeira hora da mañá, cando unha dotación policial camuflada, que forma parte do Plan Especial de Prevención de Atracos, observaba un “vello coñecido” dos axentes camiñando apresuradamente polo Berbés.

“Ante a sospeita de que puidese estar a estudar a contorna para cometer un atraco, os policías iniciaron un seguimento discreto que lles conduciu ata a rúa San Francisco“, indicou a Policía Nacional.

Alí viron como este individuo entraba nunha oficina bancaria e introducía a man dentro da chaqueta, á vez que indicaba aos empregados que se botasen cara a un lado. Segundo as declaracións posteriores das vítimas, o home esixiulles que abrisen as caixas fortes e entregasen o diñeiro que había nelas, ao que lle responderon que ese non era un banco ao uso, senón unha oficina para clientes na cal non se traballaba con efectivo.

CAZADO Á SAÍDA

“Desconfiando das palabras do director, comezou a abrir diversas portas e armarios, así como as caixas de seguridade, comprobando que apenas había un mínimo fondo de manobra. Frustrado por non obter o botín ansiado, ordenou aos empregados que baleirasen os seus bolsos, petos e carteiras, e lle entregasen todas as súas pertenzas”, explicaron as mesmas fontes.

Tras recollelas, saíu do establecemento para fuxir do lugar, pero dous axentes estaban a esperalo no exterior, polo que foi detido, “evitando así que puidese tomar reféns”.

Unha vez en dependencias policiais, tomóuselle declaración e realizóuselle unha consulta das bases de datos, na cal se comprobou que xa contaba con 42 antecedentes anteriores, sendo varios deles por feitos similares ao descrito.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...