InicioSucesosGrandes retencións na autovía ao seu paso por Tui tras unha colisión...

Grandes retencións na autovía ao seu paso por Tui tras unha colisión entre dez vehículos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión con oito vehículos implicados provocou retencións na autovía A-55 ao seu paso polo termo municipal de Tui (Pontevedra). Unha situación que se agravou con outro choque de dous turismos na mesma zona.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro ocorreu ás 19,30 horas deste domingo na A-55, ao seu paso por Randufe, onde unha colisión entre oito coches provocou retencións e dificultades na circulación, que deron lugar a un novo choque entre dous turismos.

Deste xeito, un total de 10 turismos chocaron na A-55 sen consecuencias para as persoas, agás un condutor que resultou ileso no accidente, pero sufriu unha torcedura nun pé cando baixaba do coche.

Tras as chamadas de diversos particulares que contactaron co 112 Galicia, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros do Porriño, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, agrupación de voluntarios de Protección Civil de Tui e equipos de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...