InicioSociedadeDetido o presunto autor dun delito de violencia machista en Vigo

Detido o presunto autor dun delito de violencia machista en Vigo

A muller sinalou que o seu noivo, que consumira alcol, comezou a insultala e a reprocharlle situacións do pasado, que estivo a lle tirar obxectos de forma continuada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, J.L.S.R., de 38 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras golpear, insultar, ameazar e cuspir á súa parella.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste venres, cando unha dotación do 092 se trasladou a unha vivenda na zona de Valadares, alertada por un particular que denunciou que levaba varias horas escoitando berros e ruído de rotura de aveños.

Cando chegaron os axentes, abriulles a porta unha muller en actitude nerviosa, e comprobaron que o interior da vivenda estaba revolto. No domicilio había tamén un home, ao que levaron a unha habitación á parte, xa que a muller non se atrevía a falar na súa presenza. Así, a vítima, en estado de ansiedade e chorando, relatou aos funcionarios policiais que a súa parella a atacou cando ela se atopaba tombada descansando, debido a unha forte hemicrania.

A muller sinalou que o seu noivo, que consumira alcol, comezou a insultala e a reprocharlle situacións do pasado, que estivo a lle tirar obxectos de forma continuada, increpándoa, cuspíndolle e golpeándoa durante todo o día, ata que chegaron os axentes. De feito, presentaba marcas vermellas no pescozo, e negróns en todo un brazo. Así mesmo, recoñeceu que a súa parella a ameazou de morte.

O home, pola súa banda, negou a agresión, aínda que recoñeceu que si a golpeou noutras ocasións, o que xustificou dentro do ámbito das discusións de parella. O home foi detido por un suposto delito de violencia de xénero, mentres que a muller foi trasladada a un centro sanitario para que a atendesen polas lesións.

ÚLTIMAS

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...