InicioSucesosDetidos dous veciños de Vigo por roubarlle 500 euros a un taxista...

Detidos dous veciños de Vigo por roubarlle 500 euros a un taxista que os recolleu en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a dous veciños da cidade, J.L.L., de 34 anos de idade, e A.F.L., de 35 anos, como presuntos autores dun delito de furto, tras subtraer uns 500 euros a un taxista.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando os dous sospeitosos subiron ao taxi na localidade de Nigrán. Unha vez na cidade olívica, e cando os ‘clientes’ estaban a pagar a carreira, o chofer decatouse de que un deles facía un xesto cara a el, pero non lle deu importancia.

Cando os dous viaxeiros apeáronse do taxi, o condutor comprobou que lle faltaban 500 euros dunha carteira que tiña aberta e que gardaba no lateral da porta esquerda do vehículo.

O taxista alertou á Policía e varias dotacións do 092 iniciaron a procura dos sospeitosos na zona de Gran Vía. Os axentes observaron a dous homes que estaban a fuxir e que coincidían coa descrición facilitada polo prexudicado. Un deles detívose ante o requirimento da Policía, pero o outro seguiu correndo.

Finalmente, o segundo sospeitoso tamén foi interceptado, a pesar de que se introduciu debaixo dun coche aparcado e de que opuxo unha gran resistencia. Durante o cacheo, os axentes atopáronlles máis de 500 euros, polo que foron detidos por un suposto delito de furto.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...