InicioSucesosA Garda Civil sorprende con 40 doses de MDMA e 10 gramos...

A Garda Civil sorprende con 40 doses de MDMA e 10 gramos de haxix a un veciño de Bueu

A Garda Civil de Pontevedra investiga penalmente a un veciño de Bueu, de 24 anos de idade, acusado dun presunto delito contra a saúde pública ao ser sorprendido con estupefacientes nun control de estrada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Pontevedra investiga penalmente a un veciño de Bueu, de 24 anos de idade, acusado dun presunto delito contra a saúde pública ao ser sorprendido con estupefacientes nun control de estrada.

Os feitos sucederon a pasada fin de semana no transcurso dun punto de verificación de vehículos establecido por efectivos da patrulla de seguridade cidadá da Compañía da Garda Civil de Pontevedra no núcleo urbano da localidade de Bueu.

Segundo trasladou o Instituto Armado, a “actitude sospeitosa” do condutor dun dos vehículos interceptados no dispositivo propiciou que os axentes realizasen unha minuciosa inspección do turismo. Neste rexistro atoparon escondidos debaixo do embellecedor da caixa de cambios “oito envoltorios de plástico que contiñan 40 dose de MDMA, algo máis de 10 gramos de haxix e unha pequena cantidade de marihuana”.

O condutor do vehículo, que recoñeceu á Garda Civil ser o propietario da droga incautada, ten varios antecedentes por infraccións administrativas relacionadas coa tenencia e consumo de estupefacientes.

Este individuo xa fora investigado penalmente por un presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, quedando en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requirido.

O Xulgado de Instrución número 1 de Marín encargarase desta investigación.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...