InicioVigo e contornaMosMos reclama máis seguridade na N-550 tras o atropelo dunha peregrina

Mos reclama máis seguridade na N-550 tras o atropelo dunha peregrina

A alcaldesa, Nidia Arévalo, reiterou a necesidade de mellorar a seguridade viaria nesta vía, solicitando ao Goberno medidas como o reforzo da sinalización

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Mos remitiu nas últimas horas un novo escrito á Subdelegación do Goberno de Pontevedra para reclamar medidas urxentes que melloren a seguridade na estrada nacional N-550, despois de que unha peregrina fose atropelada na tarde deste pasado mércores, sufrindo unha fractura na súa perna dereita.

Nun comunicado, o goberno local informou que foi sobre as 16.30 horas cando a muller, á altura do cruzamento co Camiño da Quiringosta, foi arroiada por un vehículo que se deu á fuga. Tratábase dunha peregrina alemá de 47 anos de idade que foi atendida inicialmente por veciños da zona para, despois, ser trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Tras o accidente, a alcaldesa, Nidia Arévalo, reiterou a necesidade de mellorar a seguridade viaria nesta vía, solicitando ao Goberno medidas como o reforzo da sinalización, actuacións para retardar o tráfico ou a revisión dos límites de velocidade, así como un maior control da circulación, ente outras accións.

Tamén solicitou unha reunión urxente entre a Subdelegación do Goberno, a Demarcación de Estradas do Estado e o Concello para analizar a situación e coordinar medidas.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...