InicioSucesosA malleira a un menor de 16 anos en Nigrán foi unha...

A malleira a un menor de 16 anos en Nigrán foi unha pelexa “habitual”, sen bandas involucradas

O subdelegado do goberno alega que houbo "un desfasamento" temporal de "oito ou nove meses" entre os feitos, ocorridos no verán, e a denuncia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, explicou este mércores que a malleira a un menor de 16 anos ocorrida o pasado verán en Nigrán, pola que hai catro mozos investigados, non está vinculada a “ningún tipo” de banda ou organización, senón que a restrinxiu a unha pelexa das “habituais” e “típica”.

Non é ningunha cuestión excepcional, por dicilo dalgunha maneira. Son pelexas entre mozos que se producen en momentos de lecer, pola noite, en moitos lugares e sen máis transcendencia”, aclarou, en declaracións aos medios. Esta semana transcendía que a Garda Civil investigaba a catro mozos, un de 18 anos e tres menores de 17, pola súa suposta participación nunha malleira grupal a outro menor ocorrida o 31 de xullo de 2024 nas festas de Praia América, en Nigrán.

Ao menor propináronlle patadas e puñadas, e tivo que ser trasladado ao hospital, onde se lle diagnostican varias fracturas de pezas dentais, hematomas e feridas na cara que necesitaron puntos de sutura. Ademais, varios amigos da vítima tentaron auxilialo e sufriron lesións.

Abel Losada alegou que non se informou diso antes porque houbo “un desfasamento” temporal, “de case oito ou nove meses”, entre os feitos e o momento en que se puxo a denuncia, tras a cal se localizou aos involucrados. “Ás veces, nestas pelexas, é difícil falar en inicio de agresións e agredidos. Outra cousa é o resultado final das mesmas, pero en principio non hai ningunha cuestión esepcialmente significativa“, indicou.

Segundo o comunicado da Garda Civil, a orixe da agresión sería unha cuestión de ciumes. Por tanto, o subdelegado do Goberno descartou que houbese “ningunha premeditación” ou que se trate de “quedadas” que hai para pelexar.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...