InicioSucesosAcepta dous anos de prisión tras atropelar a un home que quedou...

Acepta dous anos de prisión tras atropelar a un home que quedou en estado vexetativo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un condutor de 51 anos de idade aceptou dous anos e un mes de prisión por atropelar a outro home en Vigo e deixalo en estado vexetativo mentres circulaba sen carné (por perder todos os puntos) e tras consumir drogas.

A vista de conformidade levouse a cabo na mañá deste xoves no Xulgado do Penal número 3 da cidade olívica e, durante a mesma, o procesado aceptou unha pena de dous anos e un mes por un delito de condución baixo a influencia das drogas en concurso cun delito de lesións imprudentes.

Ademais, tamén se lle impuxo a prohibición de conducir durante catro anos, supondo a perda definitiva da licenza. Polo delito contra a seguridade viaria por circular sen carné, o home aceptou 50 xornadas de traballo en beneficio da comunidade.

FEITOS

Os feitos ocorreron na tarde do 8 de febreiro de 2022, na Avenida de Ramón Nieto de Vigo. O condutor circulaba a case 80 quilómetros por hora nunha zona limitada a 40 km/h e, á altura dun paso de peóns, levou por diante a un peón que cruzaba a calzada nese momento e que non puido evitar o atropelo.

Como consecuencia do impacto, o corpo da vítima, un home de 41 anos nese momento, saíu disparado a uns 36 metros. O condutor deu positivo na proba de drogas para cocaína, anfetaminas, morfina, codeína e THC; ademais, a Policía Local, que interveu tras o accidente, comprobou que condutor non tiña en vigor o carné, por perda de puntos.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...