InicioSucesosInvestigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño de Redondela, ocorrido de madrugada na AP-9V ao seu paso por Teis, en Vigo. Segundo informa o 112 Galicia e fontes do Instituto Armado consultadas por Europa Press, foron varios as testemuñas que alertaron pouco antes das 6.00 da mañá de que se trataba dun atropelo e que o coche se deu á fuga.

Ocorreu no quilómetro 2 da citada autoestrada, no viario de saída cara á avenida de Buenos Aires. O persoal desprazado de Urxencias Sanitarias-061 só puido confirmar o falecemento do home. O 112 Galicia activou un operativo para o que se solicitou a participación da Garda Civil de Tráfico, da Policía Nacional e Local e dos servizos de mantemento da autoestrada.

O Instituto Armado asumiu a investigación para dar co condutor implicado neste suceso, porque a principal hipótese é a do atropelo.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...