InicioSucesosVisible dende Vigo o incendio nun barco do Gran Sol varado preto...

Visible dende Vigo o incendio nun barco do Gran Sol varado preto dun estaleiro de Meira

Segundo informou o 112 Galicia, estaba para despezar, polo que carece de combustibles e aceites que "poidan ocasionar unha contaminación da auga".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Pontevedra deron por extinguido o incendio dun barco do Gran Sol desatado nun estaleiro do porto de Meira, en Moaña, tras 10 horas de traballo. Segundo informou o 112 Galicia, trátase dun barco do Gran Sol que estaba para despezar, polo que carece de combustibles e aceites que “poidan ocasionar unha contaminación da auga”. A embarcación quedou destruída completamente, pero no houbo que lamentar danos persoais.

Foi un veciño o que, desde a súa casa, viu como “humeaba” e “botaba chamas”, polo que pasadas as 08.00 horas alertou do incendio. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaron aos Bombeiros do Morrazo, que seguen traballando para pór fin ao lume. Con todo, solicitouse a colaboración de Salvamento Marítimo para aplicar “as barreiras de contención necesarias” e evitar así “calquera resto” da extinción do incendio ou do mesmo barco que “poida incidir nas condicións mariñas”.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...