InicioSucesosDetidos os dous supostos autores dun roubo nunha empresa de enxeñaría de...

Detidos os dous supostos autores dun roubo nunha empresa de enxeñaría de Teis, facéndose con material por valor de 21.000 euros

En concreto, os feitos tiveron lugar na madrugada do día 7 de outubro, momento no que os autores forzaron o acceso ás instalacións da compañía para levar material informático e de telefonía, cartóns de crédito que posteriormente utilizaron e mesmo un vehículo de alta gama.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Nacional detivo en Vigo aos dous supostos autores dun roubo con forza nunha empresa de enxeñaría situada no barrio de Teis ocorrido a principios deste mes. En concreto, os feitos tiveron lugar na madrugada do día 7 de outubro, momento no que os autores forzaron o acceso ás instalacións da compañía para levar material informático e de telefonía, cartóns de crédito que posteriormente utilizaron e mesmo un vehículo de alta gamaO montante dos efectos subtraídos ascendía a 21.000 euros.

Tal como informa a Policía Nacional, a investigación permitiu pescudar a identidade dos ladróns e a súa implicación no roubo, procedéndose á súa detención. Así mesmo, realizouse un rexistro da vivenda dun deles, situada tamén en Teis, recuperándose a práctica totalidade dos efectos, así como o coche subtraído.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...