InicioSucesosO pesqueiro vigués 'Robin M. Lee' mantense na procura de náufragos do...

O pesqueiro vigués ‘Robin M. Lee’ mantense na procura de náufragos do ‘Argos Georgia’

Hai nove falecidos, dous deles galegos, e catro desaparecidos. dous deles galegos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pesqueiro vigués ‘Robin M. Lee’ mantense na zona do naufraxio do ‘Argos Georgia’, ocorrido a unhas 200 millas das illas Malvinas, na procura de náufragos. En declaracións a Europa Press este xoves, o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, explicou que, dada a diferenza horaria de cinco horas, esperouse ao amencer para retomar as tarefas.

Recoñece que “o tempo está a xogar en contra”, xa que “cada minuto que pasa baixan as probabilidades” de atopar sobreviventes, pero percórrese “palmo a palmo” a zona. “Debémosllo ás familias”, afirma. Á espera do que comunique o goberno de Malvinas sobre o operativo, Touza recoñece que as “condicións son malas”, ademais de que os helicópteros “están no límite de radio de acción” polo que “non poden operar”. Non entanto, avoga por continuar a procura “mentres haxa un raio de esperanza”.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...