InicioSucesosTres detidos e 200 plantas de marihuana incautadas nunha vivenda de Mos

Tres detidos e 200 plantas de marihuana incautadas nunha vivenda de Mos

A investigación iniciouse a raiz dunha chamada anónima, que deu lugar a unha vixilancia nas inmediacións da vivenda e á identificación do arrendatario

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil do Porriño detivo a tres persoas, dous homes e unha muller de idades comprendidas entre 27 e 40 anos, como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública, tras descubrir unha plantación de marihuana no interior da vivenda alugada por un deles no municipio de Mos.

A investigación iniciouse a raiz dunha chamada anónima, que deu lugar a unha vixilancia nas inmediacións da vivenda e á identificación do arrendatario. Este consentiu voluntariamente a entrada no domicilio e así a Garda Civil confirmou que había unha plantación no seu interior; así mesmo, mantén que as outras dúas persoas investigadas, amigos do primeiro, colaboraban con el nas tarefas de coidado da plantación.

En total, os axentes incautáronse de 184 plantas de marihuana, 10 bolsas de cogollos envasados, cun peso aproximado de 5 kg, e diferentes aparellos eléctricos e electrónicos necesarios para levar a cabo a mesma plantación (lámpadas, medidores de temperatura e humidade, sistema de ventilación, filtros, etc.).

Os detidos foron trasladados a dependencias da Garda Civil no Porriño. Dous deles, un home de 40 anos e unha muller de 27 anos de idade, veciños de Vigo, atópanse en España en situación irregular, polo que se puxo este feito en coñecemento da Policía Nacional.

Todos quedaron en liberdade á espera de ser requiridos polo xulgado de instrución do Porriño.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...