InicioSucesosA Policía Local salva a vida a un home que sufriu unha...

A Policía Local salva a vida a un home que sufriu unha parada cardiorrespiratoria mentres facía deporte pola Avenida de Beiramar

Os feitos ocorreron na tarde deste domingo, cando efectivos da Unidade Ambiental de Intervención Rural observaron a un home vestido con roupa deportiva tirado boca arriba na beirarrúa. Os axentes pararon o seu coche de inmediato para socorrer ao home, que estaba a sufrir unha parada e, utilizando o desfibrilador do seu vehículo, realizáronlle varias descargas e manobras de reanimación, xa que o home apenas tiña respiración e chegou a perder o pulso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo asistiron nas últimas horas a un home que sufriu unha parada cardiorrespiratoria mentres facía deporte pola Avenida de Beiramar. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste domingo, cando efectivos da Unidade Ambiental de Intervención Rural observaron a un home vestido con roupa deportiva tirado boca arriba na beirarrúa.

Os axentes pararon o seu coche de inmediato para socorrer ao home, que estaba a sufrir unha parada e, utilizando o desfibrilador do seu vehículo, realizáronlle varias descargas e manobras de reanimación, xa que o home apenas tiña respiración e chegou a perder o pulso. Ao mesmo tempo, solicitaron unha ambulancia, que chegou rapidamente e, tras estabilizar ao home, trasladárono ao hospital Álvaro Cunqueiro. A Policía contactou posteriormente coa familia do afectado, que lles informou de que se atopaba ingresado na UCI, estabilizado e sedado.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...