InicioSucesosFalece unha muller tras sufrir un atropelo en Vigo

Falece unha muller tras sufrir un atropelo en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller perdeu a vida este domingo tras sufrir un atropelo na parroquia de San Andrés de Comesaña, no quilómetro 40 da VG-20. Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso de que unha muller fora atropelada e atopábase tendida no chan neste punto sobre as 01,00 horas.

Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía. Ademais, tamén se notificou este suceso aos Bombeiros de Vigo e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Xa no lugar, axentes da Policía Local confirmaron que a muller xa falecera.

MOZA ATROPELADA

Tamén na cidade olívica, ao fío das 22,15 horas deste sábado, unha moza resultou ferida despois de ser atropelada á altura do número 9 da rúa Rosalía de Castro. Así o indicaba ao 112 Galicia un particular que chamou á central de emerxencias para solicitar asistencia sanitaria para a ferida, que se atopaba consciente.

Tras recibir o aviso, os xestores do 112 informaron o persoal sanitario e á Policía Local. Do mesmo xeito, pasaron aviso aos Bombeiros e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo, que confirmaron o traslado da muller ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...