- Advertisement -
Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes tras ser atropelada por un vehículo na cidade de Vigo. Tal como informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, os feitos ocorreron preto das 09.00 horas no número 88 da rúa Sanjurjo Badía.
Foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, solicitando asistencia sanitaria para unha persoa, que acababa de ser atropelada. Por iso, deuse aviso aos servizos sanitarios, ademais da outros corpos como a Policía Local.
