InicioMovementos SociaisAsociacións veciñais de Vigo protestarán para rematar coas peaxes da AP-9: "Levamos...

Asociacións veciñais de Vigo protestarán para rematar coas peaxes da AP-9: “Levamos 40 anos pagando mentres outras autoestradas son gratuítas”

A federación veciñal denuncia unhas peaxes "discriminatorias".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) convocou unha manifestación o próximo 20 de febreiro para esixir a liberación completa da autoestrada AP-9: “Levamos máis de 40 anos pagando”. Nun comunicado, a Favec tachou de “discriminatorias” as peaxes da devandita estrada, “clave” para conectar as distintas rexións de Galicia. Ao seu xuízo, a súa liberalización podería mellorar a conectividade e a competitividade da Comunidade.

“Levamos máis de 40 anos pagando mentres outras son gratuítas como a AP-7, creando así unha inxustiza territorial”, criticaron desde a asociación, insistindo en que a súa liberalización tamén facilitaría o tráfico de mercadorías, “impulsando que as empresas non marchen a outros territorios”. Por estas e outras reivindicacións, a Favec convocou unha manifestación o 20 de febreiro que partirá desde a Praza de España para rematar cos “agravios” do Ministerio de Transportes.

ÚLTIMAS

A Xunta pídelle a Caballero que evite “confrontacións estériles” sobre o Mundial

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enviou unha carta ao alcalde de Vigo, Abel...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...