InicioMedio Ambiente e PatrimonioDiminúe nun 40% a riqueza mariña das Illas Atlánticas

Diminúe nun 40% a riqueza mariña das Illas Atlánticas

Un estudo comparou os primeiros anos do seguimento (2014-2015) cos máis recentes (2021-2022).

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo de investigadores do Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC) e da Universitat de Barcelona (UB), con datos ao longo de case unha década, detectou un declive da biodiversidade nos parques nacionais mariños de Cabrera e as Illas Atlánticas, informa o CEAB este xoves nun comunicado.
Publicado en ‘Diversity and Distributions’, baséase en mostraxes repetidas nos mesmos hábitats do fondo mariño, en 2014 e 2022, desde zonas pouco profundas e ben iluminadas até comunidades situadas a maior profundidade, así como fondos detríticos aínda máis profundos, formados por sedimentos e algas calcáreas.

Os investigadores detectaron un descenso na diversidade de especies nos dous parques nacionais con dominio marítimo de España: o do Arquipélago de Cabrera (Baleares, no mar Mediterráneo) e o das Illas Atlánticas (Galicia, no océano Atlántico). Ao comparar os primeiros anos do seguimento (2014-2015) cos máis recentes (2021-2022), constátase que a riqueza de especies diminuíu ao redor dun 40% de media nos dous parques nacionais mariños estudados.

O equipo de investigación subliña que, aínda que a protección reduce de forma significativa as presións locais, os parques nacionais non están illados da súa contorna e “tamén responden os efectos do cambio global derivado das presións humanas”. O estudo pon de relevo a importancia de incorporar técnicas xenéticas avanzadas, como o metabarcoding e a metafilogeografía, nos programas de biomonitorización a longo prazo, xa que “dispor de series temporais sólidas permite non só avaliar o estado dos ecosistemas mariños, senón tamén anticipar impactos e orientar con maior eficacia as accións de conservación e recuperación”.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...