InicioSucesosInterceptado un condutor que se deu á fuga tras causar un accidente...

Interceptado un condutor que se deu á fuga tras causar un accidente na estrada Clara Campoamor ao duplicar a taxa de alcol permitida

Ao decatarse a Policía Local de que tiña claros síntomas de estar baixo os efectos do alcol, sometérono a dúas probas, dando resultado positivo de 1,18 e 1,22 miligramos por litro de aire expirado, sendo investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Vigo localizou a un condutor tras supostamente causar un accidente e darse á fuga mentres circulaba quintuplicando a taxa de alcol permitida. En concreto, o suceso ocorreu sobre as 20.00 horas deste pasado domingo na estrada Clara Campoamor, onde un turismo se saíu da vía e chocou contra unha caravana estacionada, ausentándose do lugar. Foi un veciño o que alertou aos axentes, despois de escoitar o estrondo e decatarse de que o vehículo fuxía. Por iso, iniciouse unha procura, localizando o coche, un modelo da marca Volvo, que presentaba danos considerables na parte dianteira dereita.

O seu condutor, un home de 52 anos de idade, manifestou que perdera o control do seu coche e acabou chocando. Ao decatarse os funcionarios de que tiña claros síntomas de estar baixo os efectos do alcol, sometérono a dúas probas, dando resultado positivo de 1,18 e 1,22 miligramos por litro de aire expirado, sendo investigado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...