InicioSucesosFalece unha moza de 19 ao saírse da vía co coche en...

Falece unha moza de 19 ao saírse da vía co coche en Ponteareas cando se dirixía a xogar un partido

O suceso tivo lugar sobre as 09.50 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha moza de 19 anos perdeu a vida tras saírse da vía o vehículo no que circulaba pola estrada PO-254, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponteareas. Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen alertou deste sinistro no punto quilométrico 4 desta vía, na parroquia de Pías, sobre as 09.50 horas.

Ata o lugar, mobilizados pola central de emerxencias, desprazáronse profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, Garda Civil de Tráfico, servizos de mantemento da estrada e efectivos do GES-SPEIS de Ponteareas, que interviñeron para liberar á vítima.

A falecida é unha moza de 19 anos que á primeira hora desta mañá dirixíase a atoparse coas súas compañeiras do club de fútbol Sporting Club San Mateo para disputar un partido en Teo contra a SD Cacheiras, que foi suspendido. Tras transcender a noticia tamén se suspendeu o partido do Sporting Club San Mateo B.

A Federación Galega de Fútbol (RFGF) mostrou a súa “inmensa dor” polo falecemento de Paula Andrea, xogadora de 19 anos do Sporting Club San Mateo de Ponteareas. “Desde a RFGF enviamos un fortísimo abrazo aos seus familiares, ás súas compañeiras e compañeiros e a todos os que forman a familia do Sp. San Mateo”, publicou nas súas redes sociais. Tamén o clube da vítima emitiu un comunicado no que sinala que “non hai palabras para describir” o que senten tras este “terrible suceso”. “Onde esteas, sempre estarás entre nós”, conclúe.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...