InicioSucesosInvestigado por chocar borracho en sentido contrario pola AP-9 en Vigo

Investigado por chocar borracho en sentido contrario pola AP-9 en Vigo

PUBLICADO O

Un home que conducía en sentido contrario pola autoestrada AP-9 provocou un accidente nas últimas horas, segundo informou o CIAE 112 Galicia, e foi interceptado pola Garda Civil, que o investiga como suposto autor de dous delitos contra a seguridade viaria: condución baixo os efectos do alcol e condución temeraria.

O sinistro rexistrouse a última hora deste xoves, no punto quilométrico 160, á altura da parroquia viguesa de Bembrive. Un condutor que se meteu en sentido contrario na autovía chocou contra outro vehículo, cuxa condutora foi trasladada a Povisa, segundo informou o 061.

O 112 alertou, ademais da Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Vigo e á Garda Civil. Precisamente, axentes deste corpo identificaron o condutor que provocou o accidente e realizáronlle o test de alcoholemia, con resultado positivo. Por iso, está investigado por dous delitos contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...