InicioSucesosAtropelada unha pesroa na saída dun garaxe de García Barbón

Atropelada unha pesroa na saída dun garaxe de García Barbón

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes en Vigo tras ser atropelada na saída dun garaxe situado á altura do número 127 da rúa García Barbón.

Tal como informaron fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 09.40 horas e foi un particular o que se puxo en contacto cos servizos de emerxencias. Nun primeiro momento, o alertante aseguraba que unha persoa caera e estaba ferida na cara. Con todo, máis tarde o 112 Galicia foi informado de que se tratou dun atropelo. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061 así como a Policía Local de Vigo.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...