InicioSucesosFerida unha persoa no incendio dunha vivenda en Vigo, que quedou completamente...

Ferida unha persoa no incendio dunha vivenda en Vigo, que quedou completamente calcinada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida o incendio dunha casa de madeira na Avenida do Aeroporto de Vigo, e que quedou completamente calcinada, segundo informou o CIAE 112-Galicia.

Os servizos de Emerxencia recibiron o aviso por parte dun particular, que informou de que se estaba producindo un incendio no salón dunha vivenda e que había dúas persoas no interior da mesma.

O 112 Galicia informou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Vigo, á Policía Nacional e Policía Local, e a Protección Civil. As chamas calcinaron por completo a casa, de dúas plantas, e unha persoa resultou ferida, aínda que foi atendida por persoal sanitario no punto e non foi necesario o seu traslado a ningún centro médico.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...