InicioSucesosDetido un veciño de Cangas e investigada a súa parella por tráfico...

Detido un veciño de Cangas e investigada a súa parella por tráfico de drogas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O equipo EBIO da Garda Civil de Cangas detivo a un veciño de Cangas do Morrazo de 55 anos de idade, e investiga á súa parella, de 56 anos, por un suposto delito de tráfico de drogas.

No marco deste operativo, despregouse un dispositivo de vixilancia e comprobouse que este home se dedicaba a vender estupefacientes nas inmediacións dun parque infantil.

Baixo a dirección do xulgado de instrución 2 de Cangas realizouse un rexistro no domicilio da parella, no que, ademais de efectivos do Cuartel cangués, participaron membros da USECIC e o Servizo Cinolóxico.

Cando os axentes chegaron e golpearon a porta para franquear a entrada ao domicilio, o home que estaba no interior tirou pola xanela 14 envoltorios plásticos con cocaína e un moedeiro cunha sustancia no seu interior, que tamén resultou ser cocaína.

No rexistro interviñéronse un total de 44 gramos de cocaína, sustancias de corte, e máis de 9.000 euros en efectivo. A Garda Civil tamén se incautou dun turismo e unha motocicleta que o home, con numerosos antecedentes, utilizaba na súa actividade delituosa.

O detido e as sustancias intervidas foron postos a disposición do xulgado, que decretou a posta en liberdade do home, investigado por tráfico de drogas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...