InicioSucesosDetido un home tras agredir a outro mozo que lle debía 200...

Detido un home tras agredir a outro mozo que lle debía 200 euros na rúa Doutor Carrecido

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, I.G.G. de 32 anos de idade, foi detido este pasado martes en Vigo tras agredir a outro mozo, J.M.A. de 29 anos, que lle debía uns 200 euros. Segundo informa a Policía Local, os feitos producíronse sobre as 18.00 horas na rúa Doutor Carrecido e foi un particular o que alertou de que dous homes estaban a pelexar na vía pública.

Unha vez no punto, os axentes entrevistáronse coa suposta vítima, que sangraba pola boca e por un ollo. El explicou que cando saía dun taxi coa súa parella, un coñecido empezouno a insultar e a ameazar, xa que lle dicía que lle dese un diñeiro que días antes lle pediu e non llo devolveu. Nun momento dato, o home pegoulle varias puñadas na cara, e tivo que refuxiarse nunha tenda próxima. 

Por iso, os funcionarios tamén falaron co aludido, que manifestou que lle prestou 200 euros ao novo e non llos devolveu aínda, polo que comezaron unha discusión ata chegar ás mans. Por iso, foi detido como suposto autor dun delito de lesións, mentres que o outro home foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde tivo que recibir puntos de sutura polas feridas provocadas.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...