InicioSucesosDetido un mozo de 20 anos na rúa Ecuador tras recoñecer que...

Detido un mozo de 20 anos na rúa Ecuador tras recoñecer que se quitou unha pulseira telemática para non ser detectado cando ía roubar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un mozo de 20 anos de idade, S.B.C., como presunto autor dun delito de quebrantamento de medida, tras retirarse unha pulseira telemática de seguimento e confesar que o fixo porque se dispuña a roubar nun establecemento e non quería ser localizado.

Os feitos ocorreron na madrugada do domingo, cando unha patrulla acudiu á rúa Ecuador tras recibir un aviso dun veciño que estaba a observar a un home sentado nun banco na rúa, portando un coitelo. Cando chegaron os axentes, localizaron a este mozo e, ao preguntarlle se levaba un coitelo, este negouno. Con todo os axentes, atoparon a arma tirada nas inmediacións.

Ao volver insistir, o mozo recoñeceu que o coitelo era seu, e que o levaba “para cobrar débedas”. Ao comprobar os seus datos, os axentes constataron que este home tiña que levar unha pulseira telemática obrigatoriamente, por orde do xulgado de Violencia sobre a Muller. Entón, el admitiu que a quitou deliberadamente porque se dispuña a roubar nun establecemento próximo e non quería que se lle localizase.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...