InicioSucesosDous feridos leves nun accidente múltiple rexistrado na estrada Clara Campoamor de...

Dous feridos leves nun accidente múltiple rexistrado na estrada Clara Campoamor de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas leves na tarde deste martes en Vigo tras rexistrarse un accidente múltiple por alcance na estrada Clara Campoamor, ao seu paso polo Hospital Álvaro Cunqueiro.

Tal como informaron fontes do 112 Galicia a Europa Press, os feitos producíronse sobre as 15,00 horas, cando un particular alertou do impacto, no que se viron implicados tres vehículos. Por iso, deuse aviso aos servizos de urxencias sanitarias, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Vigo. Finalmente, dúas persoas resultaron feridas leves.

Tamén esta tarde a central de emerxencias tivo constancia doutro accidente na PO-331, a estrada que une Gondomar con Vigo. Foi entre o punto quilométrico 13 e 14 onde un particular informou de que había un coche co interior cheo de fume, aínda que non había persoas atrapadas no seu interior.

Os feitos rexistráronse sobre as 19,30 horas e o 112 Galicia avisou a urxencias sanitarias, á Guarcia Civil e á Policía Local.

ÚLTIMAS

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

O líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo quería o “monopolio” da droga no porto

O cabecilla da organización criminal asentada en Málaga que introduciu 650 quilos de cocaína...

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...