InicioSociedadeUn vigués afronta 20 anos de prisión por abusar sexualmente dunha menor...

Un vigués afronta 20 anos de prisión por abusar sexualmente dunha menor en dúas ocasións

O home contactou con ela a través de internet e será xulgado a próxima semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará a próxima semana a un home acusado de abusar sexualmente en dúas ocasións dunha menor coa que contactou a través de Internet. Fiscalía pide para el 20 anos de prisión.

Segundo o escrito de cualificación do Ministerio Público, os feitos sucederon durante o ano 2022. O fiscal considera ao home autor de dous delitos de abuso sexual a menor, polos que lle pide 18 anos de cárcere, así como dous anos de prisión por un delito de acceso á menor por medios tecnolóxicos con fins sexuais.

Paralelamente, pide que se lle inhabilite para exercer calquera profesión ou oficio que implique relación ou contacto con menores durante 15 anos con posterioridade ao cumprimento da pena, así como 5 anos de liberdade vixiada. Tamén reclama para a vítima unha indemnización de 18.000 euros. A vista terá lugar o martes, día 24.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...