InicioSucesosUnha colisión entre 5 vehículos na AP-9, á altura do barrio vigués...

Unha colisión entre 5 vehículos na AP-9, á altura do barrio vigués de Cabral, causa retencións

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión entre 5 vehículos ocorrida na autoestrada AP-9, á altura da parroquia de Cabral, en Vigo, ocasionou retencións neste viario, nos carrís en dirección sur.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar pasadas as 8,00 horas deste luns nun dos carrís en sentido Tui, e varios particulares chamaron a Emerxencias para alertar da colisión en cadea de varios vehículos. As mesmas testemuñas sinalaban que, en principio, non parecía que houbese persoas feridas de gravidade.

O CIAE puxo os feitos en coñecemento do 061 e da Garda Civil de Tráfico, que confirmou que eran cinco os coches implicados neste accidente, que tivo lugar no quilómetro 158 da autoestrada. Como consecuencia da colisión producíronse retencións e circulación lenta na zona.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...