InicioSucesosLocalizan morta nun foxo de auga á muller desaparecida en Cangas

Localizan morta nun foxo de auga á muller desaparecida en Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo sen vida de María del Carmen Gómez Núñez, que permanecía desaparecida desde o pasado 25 de setembro en Cangas, foi achado este domingo nun foxo de auga dun edificio en construción na rúa Atranco, no mesmo municipio pontevedrés.

Segundo confirmaron fontes da investigación a Europa Press, o corpo foi localizado nunha zona alagada deste inmoble que se atopa en construción.

A Asociación SOS Desaparecidos emitira este venres unha alerta para solicitar a colaboración cidadá na localización desta muller. Os seus familiares denunciaran ante as forzas da orde a súa desaparición. Agora, as forzas da orde tratan de esclarecer as causas deste suceso.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...