InicioSucesosEvacuado un operario tras sufrir unha caída de tres metros cando traballaba...

Evacuado un operario tras sufrir unha caída de tres metros cando traballaba na restauración dun edificio na subida do Castelo

Foi evacuado a Povisa ao sufrir fracturas en ambas as pernas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operario foi evacuado a Povisa este mércores tras sufrir unha caída cando traballaba na restauración dun edificio en Vigo.

Segundo informou o 112, ás 12.45 horas foi informado o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de que un operario sufrira unha caída desde uns tres metros de altura, cando traballaba nas obras dun edificio en proceso de restauración na subida do Castelo, en Vigo. Indicaban, ademais, que a persoa se atopaba nunha zona de difícil acceso.

Ao finalizar a intervención, os equipos de intervención que acudiron ao lugar informaron ao 112 que o ferido foi evacuado en ambulancia ao sufrir fracturas en ambas as pernas. Desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Vigo e aos axentes da Policía Nacional e Local.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...