InicioSucesosRexistrado un sismo de magnitude 1,9 en Bueu

Rexistrado un sismo de magnitude 1,9 en Bueu

A provincia de Pontevedra rexistrou varios movementos sísmicos este venres, en concreto un cuxo epicentro foi no Atlántico, fronte ás Rías Baixas da costa galega, e outro tremor na localidade de Bueu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A provincia de Pontevedra rexistrou varios movementos sísmicos este venres, en concreto un cuxo epicentro foi no Atlántico, fronte ás Rías Baixas da costa galega, e outro tremor na localidade de Bueu.

Segundo a información do Instituto Gegráfico Nacional, ás 08.29 horas, tivo lugar un sismo na localidade pontevedresa de Bueu que alcanzou unha magnitude de 1,9 na escala de Richter, a un quilómetro de profundidade. Minutos despois, ás 08.47, produciuse un terremoto de magnitude 2,2 na zona do Atlántico-Galicia, fronte á costa de Pontevedra, cunha profundidade de 19 quilómetros.

O 112 Galicia non rexistrou, segundo confirmou a Europa Press, chamadas para informar, pedir información ou “solicitar axuda de ningún tipo” respecto destes movementos sísmicos matinais.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...