InicioSucesosNova colisión múltiple na A- 55 en Mos

Nova colisión múltiple na A- 55 en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas en ambulancia tras producirse unha colisión múltiple na autovía A-55 no termo municipal de Mos. Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 8,40 horas á altura do quilómetro 10 da autovía, e nel estiveron implicados 6 vehículos, que tiveron unha colisión por alcance.

Os servizos de Emerxencias mobilizaron a Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil de Tráfico, GES de Mos e os servizos de mantemento da vía. Finalmente, tres persoas feridas foron trasladadas en ambulancia a centros sanitarios.

CAÍDA DUN CICLISTA

Por outra banda, o 112 Galicia tamén informou da caída dun ciclista no municipio de Sanxenxo. Ocorreu pouco antes das 10,00 horas desta mañá na estrada entre Forxán e Bichona, á altura da parroquia de Adina. O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias 961, Garda Civil de Tráfico, GES de Sanxenxo e Policía Local.

ÚLTIMAS

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...